ATREVETE A XOGAR
Un pequeno xogo para ver que tal andas de vocabulario anual!
IRUNENGLISH
Podemos acceder as novas deste blogue con entradas que poden ser de utilidade para calquer mestre de lingua inglesa. Así complementamosnos!
Facer un listening
Non sempre temos que botar man das aburridas conversacións en inglés que nos proporciona o libro de texto. Unha simple canción servenos para facer un listening diferente. Tan só temos que darlle a letra os nenos con algunhas palabras «mising» deixando os ocos para que eles os cubran. A maior parte das cancións pop ou funky podennos servir xa que escoitase mais clariño o que din os cantantes que nun punk. Un exemplo pode ser esta canción dos Quant extraida directamente da Regueifa.
APRENDER PODE SER DIVERTIDO
Se queremos un bo exemplo de como levar adiante unha clase de inglés onde os nenos se divirtan e o mesmo tempo aprendan non temos mais que observar a enerxía que desprende este mestre de inglés en xapón.
Curso rápido de inglés
do-you-speak-english Con este curso rápido en tan so uns minutos quedaran solucionados todos eses problemas de comunicación en lingua inglesa que te traían de cabeza.
Como facer as actividades do blogue?
MOTIVEMOS!
De sempre se soubo que a motivación é parte fundamental do aprendizaxe. debemos motivar os nenos con actividades, adecuando os contidos os seus intereses, facendo do aula un lugar onde estar tranquilo e alegre e como non premiandoos e recoñecendo o seu esforzo. Os premios non deben ser unha recompensa por saber, acertar ou sacar unha boa calificación, deben ser premios o traballo e o esforzo dos nosos nenos xa que, tanto ten se teñen máis ou menos aptitudes ou habilidades se non traballan. O trunfo final está no esforzo, no traballo e na motivación dos nosos alumnos.
Un bo premio sempre é un diploma. Sentimonos especiais o recibilo e que mellor si pode ser adecuado o que estamos premiando e adecuado a quen o esta recibindo. Na páxina 123 certificates podemos crear diplomas e certificados de todo tipo e sempre adaptandoos as nosas necesidades. É un imprescindible para aqueles os que nos gusta resaltar o bo que temos cada un de nos.




